Política de privacidade

  1. Introdución e definicións

    Mediante a aceptación desta cláusula, vostede acepta expresamente a Política de Privacidade de YEPSO SOLUTIONS como PERSOA USUARIA de calquera dos medios, servizos e/ou produtos, sexan gratuítos ou de pagamento, que consisten no acceso a diferentes informacións, contidos, programas, apps, tendas, sitios web de comercio electrónico, vídeo baixo demanda ou similares (en diante, “produtos Yepso!” ) que YEPSO SOLUTIONS pon á disposición da PERSOA USUARIA a través da súa páxina web "yepso.eu" (en diante, a Web).

    Para a correcta comprensión desta Política de Privacidade e das Condicións dos produtos Yepso!, establécense as seguintes definicións:

    • PERSOA USUARIA será aquela persoa física ou xurídica que acceda e/ou utilice calquera dos produtos Yepso! por calquera medio sen necesidade de rexistrarse. Mediante a aceptación desta cláusula, a PERSOA USUARIA acepta a Política de Privacidade e as Condicións dos produtos Yepso!, recollidas neste documento.

    • Os PRODUTOS YEPSO! abranguen servizos, produtos e accións promocionais, sexan gratuítos ou de pagamento, que consisten no acceso a diferentes informacións, contidos, sesións de formación presenciais, materiais de formación a distancia (paquetes de tests, libros electrónicos, seminarios web), sesións de formación a distancia (por exemplo, o plan "Vía Yepso!"), comunicacións comerciais, programas, aplicacións, tendas, sitios web, vídeo baixo demanda ou similares.

  2. A Política de Privacidade dos PRODUTOS YEPSO! é de aplicación a:

    • A navegación como PERSOA USUARIA que se realice por calquera páxina web de YEPSO SOLUTIONS ou aplicación móbil de Yepso! (en diante, nome comercial de YEPSO SOLUTIONS).
    • O acceso como PERSOA USUARIA a calquera dos contidos a través de calquera outro medio ou produto Yepso!.
    • A navegación que se poida realizar desde calquera dispositivo desde o que se permita o acceso aos contidos ou aos produtos Yepso!, como ordenadores, televisión dixital, Smart TV, PDA, tabletas, iPad, iPhone, teléfonos móbiles, smartphones, subscricións a través de redes sociais ou calquera outro medio de acceso aos contidos postos á disposición na Internet.
    • A navegación e uso dos produtos Yepso! que se realice desde calquera parte do mundo, xa se trate de servizos de acceso situados en YEPSO SOLUTIONS ou situados noutro país.
  3. Cumprimento da normativa vixente

    YEPSO SOLUTIONS, ao estar situada en España, está sometida ao cumprimento da normativa española e europea en materia de protección de datos e servizos da sociedade da información.

    Por tanto, YEPSO SOLUTIONS garante en todo momento o íntegro e pleno cumprimento das obrigas dispostas pola normativa de protección de datos e de servizos da sociedade da información, así como por calquera outra lei ou norma que complemente ou substitúa as anteriores.

  4. Responsable do tratamento

    Os datos persoais recollidos a través dos produtos Yepso! incorporaranse a un ficheiro responsabilidade de YEPSO SOLUTIONS, S.L., con domicilio en Lugar de Aveal, 9 - 15638 Vilarmaior, A Coruña, con número de C.I.F.: B-70578422, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no tomo 3.673, folio 160, sección Xeral, folla C-57.968, inscrición 1.

    YEPSO SOLUTIONS designou voluntariamente un Delegado de Protección de Datos a través do cal a PERSOA USUARIA poderá formular queixas, reclamacións e suxestións relativas ao tratamento dos seus datos persoais, así como exercer os seus dereitos. Para iso, a PERSOA USUARIA poderá dirixirse ao seguinte enderezo de correo electrónico: info@yepso.eu.

  5. Finalidades do tratamento dos datos persoais das PERSOAS USUARIAS

    Os datos facilitados pola PERSOA USUARIA dos produtos Yepso! utilízanse con diversas finalidades, que se enumeran a continuación:

    • Facilitar un servizo ou produto personalizado para a PERSOA USUARIA, adaptando estes produtos ou servizos ao seu perfil persoal e xeográfico, así como ás súas preferencias e gustos.
    • Definir tipoloxías, segmentacións e perfís de PERSOAS USUARIAS, así como prestar, xestionar, administrar, ampliar e mellorar os servizos e/ou contidos ofrecidos nos produtos Yepso!, mediante a análise do uso dos produtos e servizos por parte das PERSOAS USUARIAS.
    • Mostrar información editorial ou comercial especificamente deseñada para o perfil inferido en función do uso dos produtos Yepso! por parte da PERSOA USUARIA, tanto en servizos propios como en servizos de terceiros, pertencentes a calquera dos sectores cos que YEPSO SOLUTIONS alcance acordos. Este perfil tamén poderá inferirse en función da localización xeográfica do dispositivo ou terminal desde o que utiliza os produtos Yepso!; porén, sempre se lle solicitará unha autorización previa e específica para poder tratar esta información.
    • Deseñar novos produtos e servizos que poidan resultar do seu interese.
    • Xestionar as incidencias e o mantemento dos produtos Yepso!.

    Para cada unha das finalidades previstas, a PERSOA USUARIA dará o seu consentimento explícito, inequívoco, informado e verificable.

  6. Tipos de datos recollidos a través dos produtos Yepso!

    YEPSO SOLUTIONS recollerá datos da PERSOA USUARIA a través do uso dos produtos Yepso!.

    Estes datos estarán vinculados principalmente ao enderezo IP desde o que accede aos Produtos Yepso! ou a un código de PERSOA USUARIA asignado unilateralmente por YEPSO SOLUTIONS. Estes datos poderán considerarse datos persoais na medida en que permitan identificala ou facela identificable.

    A PERSOA USUARIA dará o seu consentimento explícito, inequívoco, informado e verificable para a vinculación dos seus datos á información. Poderá exercer os seus dereitos ARCO (acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidade e limitación) en calquera momento.

    YEPSO SOLUTIONS poderá vincular a estes datos a seguinte información:

    • Datos de uso e navegación. Para efectos estatísticos e publicitarios, de control do uso das nosas páxinas, de control do acceso a servizos de terceiros a través dos Produtos Yepso! e de mellora do coñecemento sobre os intereses da PERSOA USUARIA, recolleranse datos de uso e navegación relativos ao produto ou servizo que utiliza a PERSOA USUARIA, como o utiliza, cando, que tipo de PERSOA USUARIA é ou se accede a un anuncio publicitario mostrado en calquera dos Produtos Yepso!.
    • Intereses e perfil da PERSOA USUARIA inferidos da navegación ou do uso que faga dos Produtos Yepso!, así como información sobre o dispositivo de acceso, o modelo do equipo, a versión do sistema operativo, os identificadores únicos do dispositivo ou da conexión, datos sobre a rede móbil, así como fallos, actividade do sistema, axustes do hardware, tipo de navegador, idioma do navegador, data e hora da solicitude de conexión, URL de referencia, cookies e outros dispositivos de almacenamento e recuperación de datos en equipos terminais (tal e como se explica na POLÍTICA DE COOKIES), que permiten identificar o navegador e o dispositivo da PERSOA USUARIA, así como realizar estudos analíticos e mostrar información personalizada en función do resultado destes estudos, tanto en servizos propios como alleos. O rexistro en calquera dos Produtos Yepso! implica a aceptación expresa e sen reservas da POLÍTICA DE COOKIES.
    • Os Produtos Yepso! tamén utilizan tecnoloxías de identificación e seguimento de PERSOAS USUARIAS, como, por exemplo, imaxes diminutas e transparentes inseridas en páxinas web e aplicacións. Cando a PERSOA USUARIA accede a un destes contidos, as imaxes descárganse no seu dispositivo e permiten saber que a PERSOA USUARIA accedeu aos produtos Yepso! e recoñecela no caso de que volva acceder. Esta información utilízase para obter estatísticas, realizar estudos analíticos sobre o uso dos seus servizos e produtos por parte das PERSOAS USUARIAS e mostrar información editorial ou comercial personalizada en función do resultado destes estudos, tanto en servizos propios como alleos.
    • Os Produtos Yepso! tamén poden ofrecer ligazóns a servizos de terceiros que estean marcados mediante un código para que estes terceiros poidan recoñecer que esa PERSOA USUARIA procede de YEPSO SOLUTIONS.
    • Información sobre o territorio desde o que se orixina a conexión aos Produtos Yepso!, para personalizar estes servizos e, de ser o caso, verificar a dispoñibilidade dos dereitos de visualización de determinados contidos audiovisuais.
  7. Datos compartidos con terceiros

    As comunicacións da PERSOA USUARIA a través da Web con calquera outra parte que non sexa YEPSO SOLUTIONS son unicamente entre a PERSOA USUARIA e terceiros. YEPSO SOLUTIONS non será responsable de ningún aspecto destas comunicacións.

    En calquera caso, YEPSO SOLUTIONS non cederá os datos persoais das PERSOAS USUARIAS a ningún terceiro sen unha base xurídica que lexitime este tratamento.

    Para medir o uso dos produtos Yepso!, YEPSO SOLUTIONS utiliza provedores externos que empregan cookies para realizar estudos analíticos sobre o uso dos Produtos Yepso!.

    A PERSOA USUARIA poderá consultar a POLÍTICA DE COOKIES en calquera momento.

  8. Menores de idade

    Os menores de 14 anos non deberán utilizar os produtos Yepso! sen o consentimento dos seus pais ou titores.

    No caso de que YEPSO SOLUTIONS detecte PERSOAS USUARIAS que puidesen ser menores de 14 anos, resérvase o dereito de solicitarlles unha copia do seu DNI ou documento equivalente ou, de ser o caso, a autorización dos seus pais ou titores.

  9. Dereitos das PERSOAS USUARIAS

    A PERSOA USUARIA poderá exercer os dereitos ARCO, isto é, de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidade e limitación, dirixíndose a YEPSO SOLUTIONS por correo postal ao domicilio de YEPSO SOLUTIONS, acreditando a súa identidade cunha copia escaneada do seu DNI ou documento equivalente e especificando o dereito que desexa exercer. Recoméndase que a PERSOA USUARIA facilite toda a información sobre os produtos Yepso! que utiliza ou utilizou para poder atender axeitadamente a súa solicitude.

    A PERSOA USUARIA terá dereito a formular unha queixa ou reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos e ante o Delegado de Protección de Datos de YEPSO SOLUTIONS (info@yepso.eu).

  10. Prazo de conservación dos datos

    Os datos persoais da PERSOA USUARIA serán tratados de forma activa mentres manteña a condición de PERSOA USUARIA dos produtos Yepso!; é dicir, mentres non exerza o seu dereito de supresión.

    No caso de exercer o seu dereito de supresión, os seus datos serán bloqueados e conservados de forma restrinxida á disposición das autoridades competentes durante un prazo de 5 anos para atender as posibles responsabilidades derivadas do tratamento.

  11. Lexitimación para o tratamento dos datos

    A base xurídica que lexitima os tratamentos indicados é o interese lexítimo de YEPSO SOLUTIONS.

POLÍTICA DE COOKIES

ALCANCE DA POLÍTICA DE COOKIES

Esta política será de aplicación ás páxinas web xestionadas pola empresa YEPSO SOLUTIONS.

QUE SON AS COOKIES?

As cookies e outras técnicas similares son ficheiros de texto ou imaxe que o sitio web ao que se accede instala no equipo ou dispositivo (PC, smartphone, tableta, etc.) da PERSOA USUARIA para rexistrar a actividade da súa navegación a través das páxinas e seccións da Web de YEPSO SOLUTIONS.

As cookies asócianse unicamente a un código (ID) que identifica o dispositivo e o navegador que utiliza en cada visita, polo que non proporcionan referencias que permitan deducir outros datos persoais da PERSOA USUARIA.

PARA QUE UTILIZAN AS COOKIES AS WEBS DE YEPSO SOLUTIONS?

As webs de YEPSO SOLUTIONS utilizan cookies:

  1. co obxectivo de ofrecer á PERSOA USUARIA contidos e información máis axeitados aos seus intereses e facilitar a súa navegación a través das nosas páxinas.
  2. para rexistrar as preferencias da PERSOA USUARIA e proporcionarlle un acceso máis rápido.
  3. para personalizar os servizos que ofrecen as webs de YEPSO SOLUTIONS, facilitando e ofrecendo a cada PERSOA USUARIA información que é do seu interese ou que pode selo, baseándose para iso no uso que realiza destas webs.
  4. para coñecer todos os servizos de YEPSO SOLUTIONS solicitados polas PERSOAS USUARIAS, de maneira que se poida facilitar ou ofrecer información axeitada aos gustos e preferencias da PERSOA USUARIA.
  5. Ademais, as PERSOAS USUARIAS que se rexistren ou que inicien sesión e naveguen autenticadas polas webs de YEPSO SOLUTIONS poderán beneficiarse de servizos máis personalizados e orientados ao seu perfil. Esta PERSOA USUARIA autoriza expresamente o uso da información de rexistro con esta finalidade, sen prexuízo do seu dereito a rexeitar ou deshabilitar o uso de cookies. Toda a información será tratada conforme ao indicado na Política ou Cláusula de Privacidade que aceptase a PERSOA USUARIA ao rexistrarse, e conforme ao indicado nesta Política de Cookies.

QUE TIPOS DE COOKIES HAI NAS WEBS DE YEPSO SOLUTIONS E CALES SON AS SÚAS FINALIDADES?

En función da súa duración, as cookies poden dividirse en:

  • Cookies de sesión: deseñadas para recoller e almacenar datos mentres a PERSOA USUARIA accede á Web. Almacenan información que só interesa conservar para a prestación do servizo solicitado polo usuario nunha única ocasión (por exemplo, unha lista de produtos adquiridos).
  • Cookies persistentes: os datos continúan almacenados no terminal e poden ser consultados e tratados durante un período definido polo responsable da cookie.

En función de quen crea a cookie, clasifícanse en:

  • Cookies propias: aquelas que se envían ao equipo terminal da PERSOA USUARIA desde un equipo ou dominio xestionado por YEPSO SOLUTIONS e desde o que se presta o servizo solicitado pola PERSOA USUARIA.
  • Cookies de terceiros: aquelas que se envían ao equipo terminal da PERSOA USUARIA desde un equipo ou dominio que non é xestionado por YEPSO SOLUTIONS, senón por outra entidade que trata os datos obtidos a través das cookies.

QUE COOKIES SE PODEN INSTALAR NAS WEBS DE YEPSO SOLUTIONS?

O acceso ás webs de YEPSO SOLUTIONS implica que se poidan instalar cookies. A instalación destas cookies deberá contar sempre co consentimento explícito, inequívoco, informado e verificable da PERSOA USUARIA.

A continuación detállanse as cookies presentes na Web:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten á PERSOA USUARIA navegar pola Web e utilizar as diferentes opcións ou servizos existentes nela, como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a zonas de acceso restrinxido, lembrar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

  • Cookies de personalización: permiten á PERSOA USUARIA acceder ao servizo con determinadas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal da PERSOA USUARIA, como, por exemplo, o idioma, o tipo de navegador a través do cal accede ao servizo, a configuración rexional desde a que accede ao servizo, etc.

  • Cookies de análise: permiten a YEPSO SOLUTIONS realizar o seguimento e a análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase para medir a actividade dos sitios web, aplicacións ou plataformas e para elaborar perfís de navegación dos usuarios destes sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función da análise dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

  • Na actualidade, as webs de YEPSO SOLUTIONS utilizan:

  • Cookies de redes sociais externas: utilízanse para que os visitantes poidan interactuar co contido de diferentes plataformas sociais (Facebook, Twitter, LinkedIn, etc.) e xéranse unicamente para os usuarios destas redes sociais. As condicións de utilización destas cookies e a información recollida réxense pola política de privacidade da plataforma social correspondente.

    Na actualidade, as webs de YEPSO SOLUTIONS utilizan:

  • Rendemento: estas cookies utilízanse para mellorar a súa experiencia de navegación e optimizar o funcionamento dos nosos sitios web. Almacenan configuracións de servizos para que non teña que configuralos de novo cada vez que nos visite.

COMO SE REXEITAN AS COOKIES?

A PERSOA USUARIA ten a opción de permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado nel. Ao desactivar cookies, algúns dos servizos dispoñibles poderían deixar de funcionar. A forma de deshabilitar as cookies é diferente en cada navegador, pero normalmente pode facerse desde o menú Ferramentas ou Opcións. Tamén pode consultarse o menú de Axuda do navegador, onde se poden atopar instrucións.

A PERSOA USUARIA poderá escoller en calquera momento que cookies quere que funcionen neste sitio web. Por outra banda, a PERSOA USUARIA poderá rexeitar en calquera momento a instalación de cookies a través da configuración do navegador que utilice:

  • Internet Explorer: Ferramentas -> Opcións da Internet -> Privacidade -> Configuración. Para máis información, pode consultar o soporte de Microsoft ou a Axuda do navegador.
  • Firefox: Ferramentas -> Opcións -> Privacidade -> Historial -> Configuración personalizada. Para máis información, pode consultar o soporte de Mozilla ou a Axuda do navegador.
  • Chrome: Configuración -> Mostrar opcións avanzadas -> Privacidade -> Configuración de contido. Para máis información, pode consultar o soporte de Google ou a Axuda do navegador.
  • Safari: Preferencias -> Seguridade. Para máis información, pode consultar o soporte de Apple ou a Axuda do navegador.

O USO DE COOKIES AFECTA Á PROTECCIÓN DOS MEUS DATOS PERSOAIS?

Aínda que a maioría das cookies son anónimas e non permiten deducir nin obter a identidade da PERSOA USUARIA, algúns dos códigos que inclúen serven para singularizar ou individualizar o navegador do seu dispositivo; por tanto, nestes casos pode ser de aplicación a normativa de protección de datos persoais.

Por iso, informámoslle de que a información obtida a través das cookies será incorporada aos ficheiros das empresas responsables das webs de YEPSO SOLUTIONS, coas finalidades e prazos indicados nesta Política.

Así mesmo, esta información tamén se incorporará aos ficheiros das empresas provedoras das cookies de terceiros indicadas neste documento e será tratada coas finalidades indicadas nas súas respectivas políticas de privacidade, enlazadas desde este documento.

A base xurídica que lexitima estes tratamentos é o consentimento da PERSOA USUARIA, prestado de forma explícita, inequívoca, informada e verificable. En todo momento poderá exercer os seus dereitos ARCO (acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidade e limitación).

A PERSOA USUARIA poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ou ante o Delegado de Protección de Datos de YEPSO SOLUTIONS (info@yepso.eu).

ACTUALIZACIÓNS E CAMBIOS NA POLÍTICA DE PRIVACIDADE / COOKIES:

As webs de YEPSO SOLUTIONS poden modificar esta Política de Cookies en función de esixencias lexislativas ou regulamentarias, ou coa finalidade de adaptar esta política ás instrucións ditadas pola Axencia Española de Protección de Datos; por iso recoméndase á PERSOA USUARIA que a consulte periodicamente.

A última modificación destas condicións é de XULLO DE 2019.

© YEPSO SOLUTIONS, S.L. Lugar de Aveal, 9 – 15638 Vilarmaior, A Coruña.