AVISO LEGAL

Condicións xerais

  1. DATOS IDENTIFICATIVOS: En cumprimento do deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, indícanse a continuación os seguintes datos: a empresa titular de yepso.eu (en diante, a Web) é YEPSO SOLUTIONS, S.L., con domicilio en Lugar de Aveal, 9 - 15638 Vilarmaior, A Coruña, con número de C.I.F.: B-70578422, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no tomo 3.673, folio 160, sección Xeral, folla C-57.968, inscrición 1 (en diante, YEPSO SOLUTIONS).

    YEPSO SOLUTIONS é unha empresa privada e non forma parte en ningún caso da estrutura institucional da Unión Europea, das súas axencias ou organismos, nin doutras entidades gobernamentais ou organizacións internacionais de carácter similar.

  2. PERSOAS USUARIAS: O acceso e/ou uso dos portais de YEPSO SOLUTIONS atribúe a condición de PERSOA USUARIA, que acepta, desde ese acceso e/ou uso, as Condicións Xerais de Uso aquí recollidas. As citadas condicións serán de aplicación con independencia das Condicións Xerais de Contratación que, de ser o caso, resulten de obrigado cumprimento.

    Estas PERSOAS USUARIAS poden estar rexistradas ou non. O rexistro no sitio web é gratuíto. Porén, os produtos e servizos de YEPSO SOLUTIONS, salvo que se indique expresamente o contrario, só están dispoñibles para a PERSOA USUARIA que os adquira.

    A PERSOA USUARIA acepta a responsabilidade de todas as actividades realizadas coa súa conta ou contrasinal e comprométese a non vender, transferir nin ceder a súa conta nin ningún dereito outorgado por ela. YEPSO SOLUTIONS resérvase o dereito de cancelar a conta dunha PERSOA USUARIA se máis dunha persoa accede ao sitio web co mesmo nome. A conta da PERSOA USUARIA é persoal e intransferible.

    A PERSOA USUARIA é responsable de manter a confidencialidade do seu contrasinal e de restrinxir o acceso para evitar que outras persoas poidan acceder ao sitio web co seu nome, total ou parcialmente, sen permiso de YEPSO SOLUTIONS. A PERSOA USUARIA que considere que alguén accedeu ao sitio web utilizando a súa conta debe comunicalo de inmediato a YEPSO SOLUTIONS.

    Ao aceptar estes Termos de uso, a PERSOA USUARIA acepta pagar todas as tarifas de subscrición e calquera outro cargo xerado en relación coa súa conta, nome de PERSOA USUARIA e contrasinal, así como as tarifas vixentes. A PERSOA USUARIA é responsable de todos os impostos e cargos nos que se poida incorrer para acceder ao sitio web a través dun provedor de acceso á Internet ou doutro servizo. A PERSOA USUARIA pode comunicar, en calquera momento e por correo electrónico, a súa decisión de cancelar a conta.

  3. USO DO PORTAL: a web de YEPSO SOLUTIONS proporciona acceso a multitude de informacións, servizos, programas ou datos (en diante, "os contidos") na Internet pertencentes a YEPSO SOLUTIONS ou aos seus licenciantes, aos que a PERSOA USUARIA pode ter acceso. A PERSOA USUARIA asume a responsabilidade do uso da Web. Esta responsabilidade esténdese ao rexistro que fose necesario para acceder a determinados servizos ou contidos. Nese rexistro, a PERSOA USUARIA será responsable de proporcionar información veraz e lícita. Como consecuencia deste rexistro, pódeselle proporcionar á PERSOA USUARIA un contrasinal do que será responsable e que se compromete a utilizar de forma dilixente e confidencial. A PERSOA USUARIA comprométese a facer un uso axeitado dos contidos e servizos (como, por exemplo, os servizos de chat, foros de debate ou grupos de noticias) que YEPSO SOLUTIONS ofrece a través da súa Web e, con carácter enunciativo pero non limitativo, a non empregalos para (i) realizar actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de YEPSO SOLUTIONS, dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outro sistema físico ou lóxico susceptible de provocar os danos anteriormente mencionados; (iv) tentar acceder e, de ser o caso, utilizar as contas de correo electrónico doutras PERSOAS USUARIAS e modificar ou manipular as súas mensaxes. YEPSO SOLUTIONS resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios e achegas que vulneren o respecto á dignidade da persoa, sexan discriminatorios, xenófobos, racistas ou pornográficos, atenten contra a mocidade ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resulten axeitados para a súa publicación. En calquera caso, YEPSO SOLUTIONS non será responsable das opinións expresadas polas PERSOAS USUARIAS a través dos foros, chats ou outras ferramentas de participación.

  4. TRANSACCIÓNS, PAGAMENTOS E COMERCIO ELECTRÓNICO NO SITIO WEB.

    A PERSOA USUARIA da Web poderá adquirir (o que implica a compravenda de produtos ou servizos) a súa participación en cursos de formación, materiais de formación ou sesións de apoio, entre outros servizos.

    As transaccións con tarxeta de débito ou crédito na Web son xestionadas por provedores externos de servizos de pagamento, como Addon Payments e PayPal. YEPSO SOLUTIONS confía nestes provedores de servizos de pagamento por seren recoñecidos por ofrecer os máis altos estándares de seguridade do mercado actual nas transaccións de pagamento. YEPSO SOLUTIONS implicarase na resolución de calquera posible problema que a PERSOA USUARIA ou cliente poida ter en relación cos pagamentos. Porén, YEPSO SOLUTIONS non se fai responsable da seguridade nin doutras cuestións relacionadas co procesamento de tarxetas de débito, crédito ou outros métodos de pagamento. Tal e como se explica na súa Política de privacidade, YEPSO SOLUTIONS e a Web non almacenan nin teñen acceso aos datos confidenciais da tarxeta de crédito ou débito da PERSOA USUARIA.

  5. POLÍTICA DE REEMBOLSO

    O reembolso total do prezo de compra pode realizarse dentro dos 7 días naturais posteriores á compra e só antes de que a PERSOA USUARIA comece a utilizala. Unha vez que a PERSOA USUARIA comece a usar os Contidos, só será posible un reembolso no caso dun problema técnico que non se poida resolver, entendéndose por tal que, debido a erros técnicos, o acceso ao contido adquirido pola PERSOA USUARIA non resulte posible durante máis de 72 horas. O mantemento do sitio web e outros eventos anunciados no sitio web polo menos 24 horas antes do seu inicio non se considerarán problemas técnicos. O reembolso, cando proceda, realizarase dentro das 4 semanas posteriores á aprobación da solicitude de reembolso por YEPSO SOLUTIONS.

  6. POLÍTICA DE CANCELACIÓN PARA SESIÓNS PRESENCIAIS E "VÍA YEPSO!"

    Se decide retirarse dunha reserva de sesión:

    • Cancelación ata 10 días hábiles antes da data: reembolso do 100 %.
    • Cancelación 5 días hábiles antes da data: reembolso do 50 %.
    • Cancelación 3 días hábiles antes da data: reembolso do 25 %.
    • Cancelación con menos de 3 días de antelación á data: sen reembolso.

    Para os efectos de establecer o cómputo dos días para proceder á cancelación dunha reserva, tómase como referencia a data e a hora de inicio da actividade.

    Conscientes das posibles incidencias que puidesen xurdir, é posible ceder, sen necesidade de facer fronte a ningún recargo, o dereito de asistencia e participación dunha persoa nas sesións presenciais, sempre que se notifique a YEPSO SOLUTIONS por correo electrónico polo menos dous días antes da celebración da sesión presencial.

    YEPSO SOLUTIONS resérvase o dereito de cancelar a celebración dunha sesión presencial nos seguintes supostos:

    1. No caso de non acadarse o número mínimo de reservas esixido. Neste caso, YEPSO SOLUTIONS comprométese a notificar ás persoas que realizasen unha reserva con 48 horas de antelación á celebración da sesión presencial.
    2. No caso de circunstancias sobrevidas. Neste caso, YEPSO SOLUTIONS comprométese a notificar ás persoas que realizasen unha reserva antes da celebración da sesión presencial e no menor prazo posible.

    No suposto de que YEPSO SOLUTIONS cancele a celebración dunha sesión presencial nos casos mencionados, procederase ao reembolso nun prazo de 24/48 horas desde a comunicación desa circunstancia.

  7. PROTECCIÓN DE DATOS: YEPSO SOLUTIONS cumpre as directrices da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, o Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica, e demais normativa vixente en cada momento, e vela por garantir un uso e tratamento correctos dos datos persoais da PERSOA USUARIA. Para iso, xunto a cada formulario de recollida de datos de carácter persoal, nos servizos que a PERSOA USUARIA poida solicitar a YEPSO SOLUTIONS, informarase a PERSOA USUARIA da existencia e aceptación das condicións particulares do tratamento dos seus datos en cada caso, da responsabilidade do ficheiro creado, do enderezo do responsable, da posibilidade de exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, da finalidade do tratamento e das comunicacións de datos a terceiros, de ser o caso. Así mesmo, YEPSO SOLUTIONS informa de que cumpre a Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, e solicitará en cada momento o seu consentimento para o tratamento do seu correo electrónico con fins comerciais.

    Máis información en «Política de privacidade e Cookies»

  8. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL: YEPSO SOLUTIONS, por si mesma ou como cesionaria, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial das súas páxinas web, así como dos elementos contidos nelas (a título enunciativo, imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais utilizados, programas informáticos necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.), titularidade de YEPSO SOLUTIONS ou dos seus licenciantes. Todos os dereitos reservados.

    En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de propiedade intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta á disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización de YEPSO SOLUTIONS. A PERSOA USUARIA comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial titularidade de YEPSO SOLUTIONS. A PERSOA USUARIA deberá absterse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade instalado nas páxinas de YEPSO SOLUTIONS.

    Todos os materiais e sesións presenciais e virtuais son propiedade de YEPSO SOLUTIONS, salvo indicación expresa en contrario. A PERSOA USUARIA comprométese a respectar este dereito e a absterse de vulneralo. En caso contrario, YEPSO SOLUTIONS poderá adoptar todas as medidas establecidas no ordenamento xurídico para salvagardar os seus dereitos e intereses.

  9. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE: YEPSO SOLUTIONS non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e perdas de calquera natureza que se puidesen ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal ou transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, malia ter adoptado todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.

    Todo material pertencente a YEPSO SOLUTIONS está deseñado como ferramenta de preparación e práctica baseándose nos modelos das probas de EPSO (European Personnel Selection Office). Porén, a metodoloxía coa que se deseñan as probas EPSO é confidencial e, dado que o éxito require un esforzo elevado e determinante por parte da persoa candidata, YEPSO SOLUTIONS non pode garantir totalmente que unha boa preparación cos materiais da marca comercial "Yepso!" produza un resultado satisfactorio nas probas EPSO. Aínda que YEPSO SOLUTIONS non pode garantir o éxito en ningún exame de EPSO nin en ningunha das súas fases, ao comprar os produtos e servizos "Yepso!", proporcionaráselle á PERSOA USUARIA ferramentas de preparación para as probas de acceso ao servizo público europeo moi especializadas, centradas na práctica e nas competencias e habilidades máis demandadas pola Unión Europea.

  10. MODIFICACIÓNS: YEPSO SOLUTIONS resérvase o dereito de efectuar, sen previo aviso, as modificacións que considere oportunas na súa Web, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos prestados a través dela como a forma en que estes aparezan presentados ou localizados na súa Web.

    A última modificación destas condicións é de XULLO DE 2019.

  11. USO DE COOKIES: YEPSO SOLUTIONS SL poderá utilizar cookies para personalizar e facilitar ao máximo a navegación da PERSOA USUARIA pola súa Web. As cookies asócianse unicamente a unha PERSOA USUARIA anónima e ao seu ordenador e non proporcionan referencias que permitan deducir datos persoais da PERSOA USUARIA. A PERSOA USUARIA poderá configurar o seu navegador para que notifique e rexeite a instalación das cookies enviadas por YEPSO SOLUTIONS, sen que iso prexudique a posibilidade da PERSOA USUARIA de acceder aos Contidos. A aceptación das cookies por parte da PERSOA USUARIA realizarase mediante consentimento explícito, inequívoco, informado e verificable e poderá exercer os seus dereitos ARCO (acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidade e limitación) en calquera momento.

    Máis información en «Política de privacidade e cookies»

  12. LIGAZÓNS: No caso de que na Web se dispoñan ligazóns ou hiperligazóns cara a outros sitios da Internet, YEPSO SOLUTIONS non exercerá ningún tipo de control sobre eses sitios e contidos. En ningún caso YEPSO SOLUTIONS asumirá responsabilidade ningunha polos contidos dunha ligazón pertencente a un sitio web alleo, nin garantirá a dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e constitucionalidade de calquera material ou información contida nesas hiperligazóns ou noutros sitios da Internet. Así mesmo, a inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.

    Sen prexuízo do anterior, algunhas ligazóns estarán previamente negociadas ou consensuadas co responsable do contido enlazado, de maneira que se xere unha contraprestación polas accións realizadas libremente pola PERSOA USUARIA. Esta situación non afectará en ningún caso á exclusión de responsabilidade sobre o contido enlazado.

  13. DEREITO DE EXCLUSIÓN: YEPSO SOLUTIONS resérvase o dereito de denegar ou retirar o acceso á súa Web e/ou aos servizos ofrecidos sen necesidade de aviso previo, por iniciativa propia ou dun terceiro, a aquelas PERSOAS USUARIAS que incumpran estas Condicións Xerais de Uso.

  14. XENERALIDADES: YEPSO SOLUTIONS perseguirá o incumprimento destas condicións, así como calquera utilización indebida da súa Web, exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.

  15. MODIFICACIÓN DESTAS CONDICIÓNS E DURACIÓN: YEPSO poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, que serán debidamente publicadas tal e como aquí aparecen. A vixencia das citadas condicións determinarase en función da súa exposición e manteranse vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.

  16. XURISDICIÓN: A relación entre YEPSO SOLUTIONS e a PERSOA USUARIA rexerase pola normativa española vixente, e calquera controversia someterase aos tribunais ordinarios do Reino de España e, máis concretamente, aos tribunais da cidade da Coruña, que terán xurisdición exclusiva para resolver calquera disputa que xurda en relación con estes Termos de Servizo, o uso do sitio web e calquera desacordo dunha PERSOA USUARIA con YEPSO SOLUTIONS.

© YEPSO SOLUTIONS, S.L. Lugar de Aveal, 9 – 15638 Vilarmaior, A Coruña.