QUEN SOMOS?

Que é Yepso!?

Yepso! é unha empresa de formación que ten como obxectivo axudar ás persoas a alcanzar os seus obxectivos profesionais na Unión Europea.

Pero non é só iso: a nosa ilusión, os nosos principios, a nosa filosofía e a identidade europea marcan a diferenza á hora de achegar a toda a cidadanía as oportunidades que ofrece a Unión Europea.

Sabemos que un elevado número de candidatos, despois de dedicar moito tempo e esforzo, descubriron o día do exame que as probas tiñan pouco que ver cos seus materiais de referencia.

Os nosos itinerarios formativos permiten poñer en valor todo o potencial a través dunha metodoloxía desenvolvida minuciosamente ao longo dun amplo período de tempo e probada en circunstancias reais de exame.

Coa metodoloxía Yepso!, os candidatos:

  • Adquirirán coñecementos sobre o traballo nas institucións da UE desde diferentes perspectivas.
  • Mergullaranse na cultura das institucións da UE.
  • Desenvolverán o conxunto clave de competencias que precisan para superar o itinerario formativo de EPSO.
  • Practicarán as probas do concurso EPSO.

Perfís

Os profesionais que traballan en Yepso! contan cunha consolidada traxectoria europea. No contexto do seu interese polo acceso á función pública europea foi cando advertiron as dificultades ás que se enfronta unha persoa que decide concorrer ás oposicións da Unión Europea: pouco tempo, fontes de información incompletas e dificultade para acceder a materiais de calidade.

Cun forte compoñente internacional e vinculado a diferentes entidades públicas e privadas, o equipo docente de Yepso! é unha garantía de calidade.

CARLOS GIL SORIANO


LinkedIn de Carlos

Carlos Gil é licenciado en Dereito e graduado en Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas e conta cunha sólida formación en Asuntos Europeos, traxectoria que consolidou a través de estudos de posgrao na Universidade da Coruña, a Escola Diplomática de España e o Colexio de Europa (Bélxica). Complementou esta formación orientada á Unión Europea con estudos de doutoramento e outras formacións de posgrao da cátedra Jean Monnet.

A súa especialización no ámbito das oposicións europeas comezou na Escola Diplomática, onde se especializou no acceso á función pública europea. Afondou na súa formación a través de múltiples cursos de formación en Bélxica, materia na que se especializou no MA en Gobernanza e Políticas Europeas. Foi neste contexto cando, tras percibir as dificultades existentes para preparar axeitadamente os procesos selectivos de EPSO, comezou a crear a innovadora metodoloxía Yepso!.

Cómpre salientar que Carlos ten unha ampla experiencia profesional vinculada ás institucións europeas. Por unha banda, dispón da visión das institucións a través da súa traxectoria en centros oficiais de información da Comisión Europea. Por outra banda, como consultor e asesor de proxectos europeos, achegou ideas innovadoras e solucións en clave local e nacional, como reflicte o seu paso polo European Centre for Government Transformation.

IVÁN CARNOTA VARELA


LinkedIn de Iván

Iván Carnota é licenciado en Dereito e conta con estudos universitarios en Filosofía. Centrou a súa especialización no ámbito do Dereito da Unión Europea, a través de estudos de posgrao sobre Asuntos Europeos.

Iván conta cunha consolidada experiencia profesional relacionada coas institucións europeas, ao desenvolver a súa traxectoria en centros oficiais de información da Comisión Europea, posición desde a que interactuou con diversos grupos destinatarios para achegar información europea á cidadanía.

Iván contribuíu ao desenvolvemento da metodoloxía Yepso! achegando a súa visión estratéxica sobre os procesos teóricos de lóxica e a análise das competencias dos candidatos, ámbito estrutural no proceso selectivo. A súa experiencia en comunicación e oratoria, así mesmo, achegará un importante valor engadido a todos aqueles candidatos á hora de potenciar as súas competencias e habilidades, así como para facer fronte ás esixentes probas do Assessment Centre.

Localización

Sede de Yepso!
Enderezo: Lugar de Armada, 5, 1º
15638 Vilarmaior
A Coruña