VÍA YEPSO!

VÍA YEPSO! ten como obxectivo ofrecerche o apoio e orientación que calquera persoa necesita á hora de afrontar a preparación dunha oposición.

É un servizo de preparación e seguimento para aquelas persoas que queiran ter unha persoa preto, que se comprometa individualmente coa preparación das oposicións e que lles achegue o coñecemento técnico e metodolóxico necesario para superar as probas.

Por que?

Ao poñerlle data a un soño
convértese nunha META

Unha meta dividida en pasos
convértese nun PLAN

E un plan apoiado por accións
convértese en REALIDADE.

Nós acompañámoste ata a meta a través dun plan adaptado ás túas necesidades e á túa dispoñibilidade para que o teu soño de traballar nas institucións da Unión Europea se converta en realidade.

Un dos puntos fortes de opositar á UE é que o seu proceso de preparación é compatible con traballar ou estudar ao mesmo tempo. Nós deseñamos itinerarios formativos que facilitan aínda máis esta conciliación.

En que consiste?

Ao darte de alta en VÍA YEPSO! asignaráseche un mentor, especialista en Función Pública europea, que será a persoa que seguirá a túa evolución. Recibirás unha invitación para fixar unha data na que manter unha reunión de benvida con el. A partir dela, o mentor avaliará o teu perfil profesional e, xunto co noso equipo, estudará o teu currículo, os teus puntos fortes e os aspectos nos que traballar.

Terás as vantaxes dunha formación en liña xunto coas de contar cun preparador que te acompañará durante todo o proceso.

Con toda esta información, elaboraremos un itinerario formativo deseñado en exclusiva para ti no que che propoñeremos a traxectoria que debes seguir para alcanzar os teus obxectivos. Xunto co itinerario formativo farémosche chegar a ACTION GUIDE de YEPSO! e un primeiro paquete de exercicios.

A partir dese momento, disporás dos seguintes servizos:

  • Seguimento e dedicación individual por parte do mentor: 2 horas/mes por videoconferencia (divididas como mellor che conveña: 30 minutos á semana, 1 hora cada dúas semanas ou 2 horas un día do mes...). Nestas reunións, o teu titor analiza os exercicios realizados, elabora un informe de evolución e propón, con base nos indicadores de rendemento, mecanismos de mellora. Ademais, terás sempre accesible o teu titor por correo electrónico, cun compromiso de resposta nun prazo máximo de 24 horas.

    Exemplo de gráfico de evolución

    Exemplo de gráfico de evolución

  • Un simulacro de exame semanal: a través destas probas poderás practicar como se estiveses en condicións reais de exame.
  • Unha batería de 100 preguntas tipo test cada 15 días: poñerás en práctica as túas habilidades ante as probas do proceso de selección.
  • Unha unidade didáctica mensual sobre servizos e xestión administrativa na Unión Europea: as probas de oposición son fundamentais, pero tamén é clave coñecer como se estruturan e organizan administrativamente as institucións.
  • Temario sobre terminoloxía institucional en inglés e francés.
  • Acceso á nosa lista exclusiva sobre oportunidades laborais na Unión Europea: cada semana enviamos unha relación con oportunidades de emprego e de prácticas dispoñibles no ámbito da Unión Europea, tanto no sector público como no privado. Trátase dunha relación de oportunidades limitadas á que temos acceso a través dos nosos colaboradores.
  • Acceso prioritario á información e á inscrición nos servizos que Yepso! ofrece ao público xeral (cursos, seminarios web, materiais...) e desconto do 25 % en calquera deles.

O noso compromiso:

Dispoñemos dun número reducido de prazas para a formación VÍA YEPSO! co fin de asegurar que a preparación responde aos nosos principios e valores:

  • Personalizada
  • Accesible
  • Profesional
  • Próxima
  • 100 % en liña

Rexístrate aquí

Para rexistrarte en Vía Yepso! cobre o seguinte formulario, aquí.

Para consultar calquera dúbida, ponte en contacto connosco en info@yepso.eu