"EL CAMINO Y METODOLOGÍA PARA TRABAJAR PARA LAS INSTITUCIONES EUROPEAS”

INSCRICIÓN

A inscrición neste curso realizarase desde a propia páxina de Yepso! nos seguintes prazos:

AS INSCRICIÓNS ESTÁN ABERTAS Inscríbete agora por 60 €

INFORMACIÓN

Unha aproximación ás oposicións á Unión Europea.

Este curso inclúe todo o que unha persoa necesita saber sobre as oposicións á Unión Europea para poñerse en marcha.

Está especialmente indicado para audiencias que non dispoñen de experiencias previa nas probas de EPSO.

DATAS: 11 e 12 de marzo 2021

Comezo: 19.00 h.

Fin: 21.00 h.

DESTINATARIOS:

MATERIAIS:

As sesións do curso online desenvolveranse en grupos reducidos e por videoconferencia.

Todos os participantes do curso recibirán:

LINGUA:

PROGRAMA:

DÍA 1.- 01/04/2020.

19.00 h: Introdución ao curso.

19.00 h - 19.45 h: Unha breve introdución: As Institucións Europeas e o sistema de carreira.

  1. Partamos desde un inicio común, que é a Unión Europea e cales son as súas prioridades?
  2. Que é o concurso EPSO e por que é para ti?
  3. A que institucións podes acceder a través de EPSO?
  4. Que perfil de traballadores busca a Unión Europea?
  5. Que che ofrecen as institucións europeas?
  6. Dar o paso: Por que queres traballar nas institucións europeas?
  7. Como conseguir un posto de traballo nas institucións europeas?
  8. EPSO é a túa meta, Yepso!, quen che axuda a alcanzala.
  9. Cando empezo?
  10. Como é o proceso de selección?
  11. O camiño cara ao éxito.

19.45 h - 21.00 h: Test de preselección.

Neste bloque levará a cabo unha explicación das probas de preselección intercalando a explicación teórica da metodoloxía desenvolvida Yepso! coa realización de exercicios prácticos.

DÍA 2.- 02/04/2020.

19.00 h - 20.30 h: Test de preselección.

Neste bloque levará a cabo unha explicación das probas de preselección intercalando a explicación teórica da metodoloxía desenvolvida Yepso! coa realización de exercicios prácticos.

20.30 h - 20.50 h: Introdución ás probas de selección posteriores: E- tray, Assessment Centre e Lista de Reserva.

20.50 h - 21.00 h: Recapitulación, preguntas e clausura.

SOBRE O FORMADOR

CARLOS GIL

Carlos Gil é licenciado en Dereito e graduado en Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas e dispón dunha sólida formación en Asuntos Europeos, traxectoria que consolidou a través de estudos de posgrao na Universidade da Coruña, a Escola Diplomática de España e o Colexio de Europa (Bélxica). Complementou esta formación orientada á Unión Europea con estudos de doutoramento e outras formacións de posgrao da cátedra Jean Monnet.

A súa especialización no ámbito das oposicións europeas comezou na Escola Diplomática, onde se especializou no acceso á función pública europea. Profundou a súa formación a través de múltiples cursos de formación en Bélxica, materia na que se especializou no MA en Gobernanza e Políticas europeas. Foi neste contexto onde, tras percibir as dificultades existentes para preparar convenientemente os procesos selectivos de EPSO, comezou a crear a innovadora metodoloxía Yepso!.

É importante citar que Carlos ten unha ampla experiencia profesional vinculada ás Institucións europeas. Por unha banda, dispón da visión das Institucións a través da súa traxectoria en centros oficiais de información da Comisión Europea. Por outra banda, como consultor e asesor de proxectos europeos, achegando ideas innovadoras e solucións en clave local e nacional como reflexo do seu paso polo European Centre for Government Transformation.